InnovaTech FP é un programa da Xunta no que o alumnado de Formación Profesional propón solucións a retos tecnolóxicos de empresas, con impacto positivo no medio rural.
(https://www.edu.xunta.gal/fp/innovatech-fp)
Participación na edición 2025-2026
Inscribíronse 1.016 estudantes en 254 equipos, con arredor de 240 docentes coordinadores. Participaron 57 centros e 20 empresas. Á segunda fase pasaron 59 equipos, compostos por 240 estudantes. O CIFP Fontecarmoa participou con 6 equipos de diferentes familias profesionais.
Convocatoria 2026-2027
O prazo de solicitude está aberto do 3 ao 25 de novembro de 2026. Pode participar alumnado de FP de centros públicos dependentes da Consellería e persoas tituladas neles nos dous últimos cursos.
Os equipos deben ter catro integrantes, ser mixtos en canto ao xénero e contar cunha persoa docente coordinadora. A solicitude preséntaa o centro educativo por cada equipo.
Se estás interesado en participar fala co teu titor ou envía un correo a cifp.fontecarmoa@edu.xunta.gal indicando o teu nome e grupo.


Acceso docentes