FP Dual

A FP Dual Intensiva é unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo.

A FP Dual Intensiva integra os tres piares que sustentan o proceso de formación dun profesional: formación curricular (específica do ciclo formativo), traballo na empresa e formación complementaria (específica para os procesos produtivos da empresa), combinando a asistencia do alumnado no centro educativo coa súa formación e o seu traballo na empresa.

Os centros e as empresas comparten as responsabilidades formativas para que as ensinanzas profesionais se adecúen ás necesidades do mercado laboral.

Image

Dinamización da relación con empresas na FP

Rita Rodríguez Silva
dinamizacionfp.cifp.fontecarmoa@edu.xunta.gal
(+34) 886 151 956

FP Dual Intensiva no CIFP Fontecarmoa

No CIFP Fontecarmoa poderás cursar a modalidade de FP DUAL Intensiva en diversos ciclos de distintas familiar profesionais. Neste curso académico dispoñeremos das formacións na FP Dual Intensiva correspondentes ao CS de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados da familia profesional de Electricidade e electrónica e o CS de Mecatrónica industrial da familia profesional de Instalcións e mantemento; ademais tamén ofertamos o CM de Mecanizado nesta modalidade.

CS Sistemas electrotécnicos e automatizados

Image

A competencia xeral deste título consiste en desenvolver proxectos e en xestionar e supervisar a montaxe e o mantemento de instalacións electrotécnicas no ámbito do regulamento electrotécnico para baixa tensión (REBT). Tamén consiste en supervisar o mantemento de instalacións de infraestruturas comúns de telecomunicacións, a partir da documentación técnica, especificacións, normativa e procedementos establecidos, asegurando o funcionamento, a calidade, a seguridade, e a conservación ambiental.

Este profesional exerce a súa actividade en empresas, maioritariamente privadas, dedicadas ao desenvolvemento de proxectos, á xestión e á supervisión da montaxe e do mantemento de instalacións eléctricas no ámbito de edificios e con fins especiais, á instalación de sistemas domóticos e inmóticos, a infraestruturas de telecomunicación en edificios, a redes eléctricas de baixa e a sistemas automatizados, tanto por conta propia como por conta allea.

Información sobre a oferta formativa

FP Dual Intensiva ZD3ELE000100 de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados
Consultar currículo
Táboa horaria
Programacións

Empresas colaboradoras

Image

CS de Mecatrónica industrial

Image

As persoas con este perfil desenvolveran o seu traballo en empresas, maioritariamente privadas, dedicadas ao desenvolvemento de proxectos, a xestión e a supervisión da montaxe, e o mantemento de sistemas mecatrónicos ou instalacións de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas, por conta propia ou allea.

Información sobre a oferta formativa

FP Dual ZD3IMA000300 de Mecatrónica industrial

Consultar currículo
Táboa horaria
Programacións

Empresas colaboradoras

Image

CM de Mecanizado

Image

As persoas que cursen estos estudos aprenderan a executar os procesos de mecanizado por arranque de labra, conformado e procedementos especiais, preparando e programando as máquinas ferramenta, operando con elas e verificando o produto obtido, conforme as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.

Poderán traballar en industrias transformadoras de metais relacionadas cos subsectores de construción de maquinaria e equipamento mecánico, de material e equipamento eléctrico, electrónico e óptico, e de material de transporte encadrado no sector industrial.

Información sobre a oferta formativa

FP Dual Intensiva ZD2FME000100 de Mecanizado

Consultar currículo
Táboa horaria
Programacións

Empresas colaboradoras

Image

Novas da FP Dual