Dende o equipo Erasmus informamos da apertura dos prazos para solicitar unha beca Erasmus+ para docentes e alumnado. O prazo de solicitude será dende hoxe día 19 de Outubro ata o 5 de Novembro. A resolución provisional será publicada o a finais de Novembro.
Tamén axuntamos fotos e arquivos da presentación de becas Erasmus para alumnado de FP Básica, Grao Medio e de Grao Superior, así como para os docentes.
2ªConvocatoria Solicitude Estudiante mobilidade Erasmus+ 26/27
2ªConvocatoria Solicitude staff mobilidade Erasmus+ 26/27
presentacion becas E+ STUDENTS FPB-GRAO MEDIO 26-27.pdf
2 presentacion becas STUDENTS GRAO SUPERIOR 26-27.pdf
presentacion becas E+STAFF KA121VET-KA131HED 26.pdf
Tramites Beca E+ CIFP Fontecarmoa 26-27.pptx.pdf
Os Erasmus Days enchen o centro de experiencias e oportunidades internacionais
O noso centro vestiuse de espírito europeo para celebrar os Erasmus Days, unha xornada marcada pola alta participación e polas ganas de descubrir todo o que os programas internacionais poden ofrecer ao alumnado e ao profesorado.
🎒 Viaxar, aprender, compartir e medrar! Esa é a esencia de Erasmus+. Para achegarnos a ela, contamos cos testemuños de alumnado e profesorado que o curso pasado desfrutaron destas bolsas e que compartiron con nós as súas vivencias, aprendizaxes e experiencias máis destacadas.
As súas historias permitíronnos descubrir de primeira man as oportunidades que ofrecen as mobilidades internacionais: coñecer outras culturas, abrir novos horizontes, adquirir competencias e vivir experiencias que deixan pegada tanto a nivel persoal como académico e profesional.
Con iniciativas coma esta, seguimos apostando por unha educación aberta ao mundo, fomentando a participación en proxectos internacionais e animando a toda a comunidade educativa a dar o paso e vivir a súa propia aventura Erasmus+.







Acceso docentes