O CIFP Fontecarmoa informa da convocatoria de Eduemprende Idea 2026, unha iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración orientada a impulsar o emprendemento entre o alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas e de artes plásticas e deseño sostidas con fondos públicos en Galicia. O obxectivo deste concurso é promover a creación e desenvolvemento de proxectos empresariais a partir de ideas innovadoras xurdidas no ámbito educativo.
Podrá participar o alumnado matriculado durante o curso 2025/26 nestas ensinanzas, sempre en equipos de 2 a 4 persoas, que deberán designar unha persoa representante.
A convocatoria establece dúas modalidades: unha para ciclos de grao superior e outra para ciclos de grao medio. En cada modalidade premiaranse os tres mellores proxectos, con dotacións económicas de 3.000, 2.000 e 1.000 euros, ademais da posibilidade de incorporación á Rede galega de viveiros de empresas en centros educativos ou á Área de Emprendemento Industrial do Centro Galego da Innovación da Formación Profesional, e de recibir asesoramento técnico a través da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.
O prazo de presentación de solicitudes permanece aberto ata o 15 de maio de 2026, e a tramitación debe realizarse por vía electrónica a través da sede da Xunta de Galicia.
Mais información na convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260206/AnuncioG0767-210126-0002_es.html


Acceso docentes