Martes, 02/06/2026 · 7:37 p.m.
Formación
Dinamización FP. Visita a Illa da Toxa.

O pasado luns 18 de maio desenvolveuse unha visita profesional á Illa da Toxa, organizada por Dinamización de FP do CIFP Fontecarmoa no marco da Rede Galega de Dinamización da Relación con Empresas na FP, coa participación de profesorado de catro centros da contorna.

A xornada tivo como obxectivo coñecer de primeira man as instalacións dos hoteis Eurostars da Illa da Toxa, valorar posibles vías de colaboración co sector hoteleiro e favorecer unha mellor integración do alumnado nas empresas de cara ao desenvolvemento das súas prácticas formativas. Ademais, a visita permitiu detectar novas oportunidades de cooperación entre os centros educativos e o tecido empresarial da zona.

Durante a mañá, as persoas participantes realizaron un percorrido polos principais establecementos hoteleiros do grupo Eurostars na Illa da Toxa. A programación da visita foi a seguinte:

9:50 – Encontro no aparcadoiro do Hotel Eurostars Isla de La Toja
10:00 – Visita guiada ao Hotel Eurostars Isla de La Toja
10:30 – Visita ao Hotel Eurostars Louxo Talasso
11:00 – Visita ao Eurostars Gran Hotel La Toja
12:00 – Pincho networking
13:30 – Peche da xornada

A actividade permitiu crear un espazo de encontro entre profesionais da Formación Profesional e representantes do sector empresarial, favorecendo o intercambio de información, a identificación de necesidades formativas e a procura de novas fórmulas de colaboración.

Na visita participaron docentes e responsables de FCT de catro centros educativos da contorna:

CIFP Fontecarmoa – Vilagarcía de Arousa
Benigno Gómez, subdirector
Uxía Casal, xefa do departamento de Electricidade e Electrónica
Cristian Fariña, xefe do departamento de Instalación e Mantemento
Víctor Ayán, departamento de Electricidade e Electrónica

IES Vilalonga – Sanxenxo
Ángel López, xefe de estudos e docente do departamento de Administración e Finanzas
José Cebro, coordinador de FCT
Rubén Otero, xefe do departamento de Hostalaría e Turismo

IES Monte da Vila – O Grove
Marcia Fernández, xefa de estudos
Martín Gil, coordinador de FCT e docente do departamento de Informática e Comunicacións

IES Carlos Asorey – Cambados
Juan Pardo, coordinador de FCT
Nuria Martínez, docente do departamento de Informática e Comunicacións