O CIFP Fontecarmoa continúa a impulsar a internacionalización da súa Formación Profesional coa participación de catro docentes das especialidades de Baloncesto, Inglés, Comercio e Márketing e FOL nunha mobilidade Erasmus+ de job shadowing en Nova York, en colaboración co College of Staten Island da City University of New York. Durante a estancia, o profesorado coñeceu de preto o funcionamento do campus e doutras metodoloxías educativas, participou en encontros institucionais e profesionais, asistiu a sesións sobre orientación laboral e sistemas educativos, visitou a sede da NBA en Manhattan, explorou posibles vías de colaboración internacional para o alumnado e achegouse tamén ao ensino do inglés nun contexto universitario estadounidense. Esta experiencia, enmarcada nun proxecto Erasmus+ cunha ampla traxectoria no centro, supón un novo paso na aposta do CIFP Fontecarmoa por unha FP moderna, aberta ao mundo e conectada co mercado laboral global. Ademais, a visita tivo tamén repercusión na prensa, con información publicada en La Voz de Galicia.



Acceso docentes