A certificación en competencias dixitais acredita os coñecementos, habilidades e aptitudes en competencias dixitais que toda persoa debe lograr para participar na sociedade dixital de forma segura e crítica usando as tecnoloxías dixitais. Establécense 4 niveis (Iniciación, Intermedio, Avanzado e Especializado). Máis información no seguinte ENLACE
Acreditación de competencias dixitais do alumnado de ensinanzas de formación Profesional

Entón para o noso alumnado:
Ciclos Superiores e Cursos de especialización de Grao Superior que titula no curso 2025-2026
- Recibe de oficio a acreditación nivel intermedio. Non ten que facer nada.
Alumnado de 2º CM Instalacións Eléctricas e Automáticas que titula no curso 2025-2026:
- Recibe de oficio a acreditación de nivel intermedio. Non ten que facer nada.
Alumnado de outros 2º CM que titula no curso 2025-2026
- Obtén por titulación as áreas 1, 2, 3 e 5 do nivel Intermedio
- Necesitaría examinarse por proba só da área 4 do nivel intermedio, se así o desexa.
Alumnado de FP básica que titula no curso 2025-2026
- Recibe de oficio a acreditación nivel iniciación. Non ten que facer nada
Estas probas celebraranse no centro no mes de xuño e a data para anotarse remata o 16 de marzo.
Para anotarse ás probas hai que cubrir e presentar na Secretaría do centro o Anexo I
Exemplo dunha proba de nivel intermedio no seguinte ENLACE


Acceso docentes