Mércores, 10/06/2026 · 7:50 a.m.
Actividades físicas e deportivas
Clinic Baloncesto 2026

Esta fin de semana 12-13 de Xuño no Pavillón Sara Gómez, terá lugar edición número 17 do clásico Clinic de Vilagarcía organizado polas ensinanzas deportivas de baloncesto do noso centro. Este ano contamos co seleccionador nacional Chus Mateo como cabeza de cartel, con 3 adestradores galegos como acompañantes. Moncho Fernández do Básquet Girona de Liga Endesa ACB será o seguinte ponente dando o paso ó dueto responsable da gran temporada do Ensino de Lugo de LF Endesa: Suso Garrido e Diego Fernández.

O curso estará aberto a alumnos, exalumnos, adestradores e profesores da Consellería de Educación, xa que forma parte da actividade formativa apoiada polo CGIF (Centro de Galego de Innovación Profesional) e o CFR de Pontevedra. 

A inscrición pode realizarse segundo o colectivo ó que se pertenza nos seguintes links:

ADESTRADORES/ALUMNOS

DOCENTES