O CIFP Fontecarmoa de Vilagarcía de Arousa abre as súas portas para o curso 2026-2027 cunha ampla oferta de Formación Profesional adaptada ás necesidades actuais do mercado laboral e ás demandas das empresas. O centro conta con formación en réxime ordinario, modular, dual e ensinanzas deportivas.
Familias profesionais
🔹 Electricidade e Electrónica
🔹 Comercio e Márketing
🔹 Instalacións e Mantemento
🔹 Industrias Alimentarias
🔹 Sanidade
🔹 Transporte e Mantemento de Vehículos
🔹 Servizos Socioculturais e á Comunidade
🔹 Actividades e Ensinanzas Deportivas
Formación Profesional Básica
Quenda de mañá
- Electricidade e Electrónica
- industrias Alimentarias
- Servizos Comerciais
Ciclos Formativos de Grao Medio
Quenda de mañá
- Coidados Auxiliares de Enfermaría
- Comercialización de Produtos Alimentarios (quenda de tarde)
- Actividades Comerciais
- Instalacións Eléctricas e Automáticas
- Mantemento Electromecánico
- Elaboración de Produtos Alimentarios
- Atención a Persoas en Situación de Dependencia
- Electromecánica de Vehículos Automóbiles
Ciclos Formativos de Grao Superior
Quenda de mañá
- Acondicionamento Físico
- Automatización e Robótica Industrial
- Comercio Internacional
- Márketing e Publicidade (quenda de tarde)
- Mecatrónica Industrial
- Transporte e Loxística
- Xestión de Vendas e Espazos Comerciais
Cursos de Especialización
- Grao Superior Redacción de contidos dixitais para márketing e vendas (quenda mañá)
- Grao Superior Robótica Colaborativa (quenda de tarde)
Réxime Modular Presencial
• Grao Medio Coidados Auxiliares de Enfermaría (quenda de tarde)
Réxime modular na modalidade a semipresencial e a distancia
- Grao superior Márketing e Publicidade (oferta completa)
- Grao superior Comercio Internacional (oferta parcial)
- Grao Superior Documentación e Administración Sanitarias (oferta completa)
FP Dual Intensiva
- Grao Medio Mecanizado (quenda de tarde)
- Grao Superior Sistemas Electrotécnicos e Automatizados (quenda de tarde)
- Grao Superior Mecatrónica Industrial (quenda de tarde)
Formación Acelerada
- Actividades auxiliares de almacenaxe. (dúas quendas set-dec e xan-abr)
Ensinanzas Deportivas
- Ténico Deportivo en Baloncesto
- Técnico Deportivo Superior en Baloncesto
- Técnico Deportivo en Vela con aparello fixo
Por que escoller o CIFP Fontecarmoa?
✔ Horario amplo, de mañá e tarde
✔ Programas Erasmus+ e proxectos internacionais
✔ Formación Dual con empresas colaboradoras
✔ Certificación de calidade ISO 9001
✔ Elevada inserción laboral do alumnado
Información e admisión
A oferta completa de ciclos formativos, prazas e modalidades para o curso 2026-2027 pode consultarse na plataforma oficial da FP de Galicia https://www.edu.xunta.gal/fp/oferta-fp e na web do centro www.cifpfontecarmoa.gal.
O proceso de admisión e matrícula realizarase a través da plataforma da Consellería de Educación https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/
Agardámoste no CIFP Fontecarmoa para acompañarte no teu futuro profesional.
Orientación: orientación.cifp.fontecarmoa@edu.xunta.gal




Acceso docentes