Ensinanzas ofertadas
Técnico Deportivo en Baloncesto — Grao Medio
Prazo de inscrición aberto ata o 25 de xuño.
A proba específica de acceso terá lugar o 16 de xullo ás 10:00 h no CIFP Fontecarmoa, en Vilagarcía de Arousa.
Técnico Deportivo en Vela con aparello fixo — Grao Medio
Prazo de inscrición aberto ata o 25 de xuño.
A proba específica de acceso terá lugar o 16 de xullo ás 11:30 h no Centro Galego de Vela, en Vilagarcía de Arousa. A data ou a hora poderán variar se non se dan as condicións meteorolóxicas necesarias.
Técnico Deportivo Superior en Baloncesto — Grao Superior
Prazo de inscrición aberto ata o 31 de xullo.
Requisitos de acceso
Para acceder ao Grao Medio é preciso contar co título de ESO ou equivalente, ou cumprir os requisitos establecidos para a proba que substitúe a titulación. No caso das ensinanzas de Grao Medio tamén é necesario superar a correspondente proba específica de acceso, agás nos casos nos que se acredite a exención segundo a normativa aplicable. O prazo de inscrición nas probas específicas de Grao Medio remata o 25 de xuño de 2026.
Para o Grao Superior en Baloncesto, é necesario contar co título de Técnico Deportivo en Baloncesto e cumprir os requisitos académicos establecidos para o acceso ao grao superior.
Normativa aplicable
O procedemento está regulado pola Resolución do 17 de abril de 2026 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan as probas de acceso ás ensinanzas deportivas de réxime especial para o curso 2026-2027, publicada no DOG núm. 80, do 30 de abril de 2026.
Máis información
As persoas interesadas poden solicitar máis información na secretaría do CIFP Fontecarmoa.
CIFP Fontecarmoa
Teléfono: 886 151 956
Web: https://cifpfontecarmoa.es
Baloncesto
Instagram: @ciclobaloncesto
Correo: cursobaloncesto@gmail.com
Vela
Correo: tecnicodeportivodevela@gmail.com


Acceso docentes